Sunday 05 de May de 2024

Medio Ambiente desinfecta máis de 800 contedores ao día para evitar a propagación do Covid-19


 

A concesionaria de conterización reforzou e mellorou o servizo de limpeza e desinfección dos contedores en todos os barrios da cidade

A Concellería de Medio Ambiente, en colaboración
con varias empresas, reforza os labores de desinfección da cidade. A empresa
concesionaria do servizo de contenerización (UTE Atlántica) reforzou e mellorou o
seu servizo de limpeza e desinfección de todos os contedores da cidade,
contribuíndo con estes novos equipos á desinfección xeral da cidade. Cada día
desinféctanse entre 750 e 800 contedores orgánicos e inorgánicos, e entre 50 e 60
soterrados e semisoterrados.

Á súa vez, a empresa construtora Desarrolla ofreceuse desinteresadamente a
sumarse aos servizos de desinfección de espazos públicos que xa veñen
desenvolvendo as tres empresas contratadas pola Concellería de Medio Ambiente
desde o inicio do estado de emerxencia. Os seis equipos da empresa Desarrolla
realizarán o seu traballo de desinfección na vía pública e mobiliario urbano ao longo
dos dez distritos nos que se dividiu a cidade para facer esta tarefa. Dentro de cada
distrito darase preferencia aos lugares onde exista maior tránsito de persoas:
supermercados, entidades bancarias, centros de saúde, paradas de autobús,
residencias de maiores, etc.

Este traballo complementará ao que xa realizan os equipos contratados por Medio
Ambiente e que desenvolven a súa tarefa diariamente nos mercados municipais,

Nota de Prensa

pavillón dos deportes de Riazor, Cociña Económica, Cáritas, Padre Rubinos,
centros sociais, CEIPs e Escolas Infantís, instalacións peportivas, María Pita, etc.
Son traballos que se realizan desde as 07.00 h da mañá ata as 00.15 h da noite. Os
dous primeiros distritos que abordará Desarrolla, en función da densidade
poboacional, para a desinfección serán o distrito 8 (Catro Camiños, San Diego, Os
Castros, Os Mallos, Juan Flórez e Sardiñeira) e o distrito 9 (Paseo das Pontes,
Riazor, Labañou, Ciudad Xardín, Ventorrillo), pero ningún barrio da cidade quedará
sen desinfectar posto que se desenvolverán estes traballos en todos eles.

Tamén se procederá a desinfectar os arredores de todos os centros sanitarios como
o Abente y Lago, centro de especialidades do Ventorrillo, centros de saúde, Teresa
Herrera, etc.

Desde a Concellería de Medio Ambiente agradécese tanto o ofrecemento
desinteresado desta empresa da construcción como o magnífico traballo que están
a realizar os equipos das empresas contratadas pola Concellería.